Vaite Lyrics & Tabs by Fuxan os Ventos

Vaite

guitar chords lyrics

Fuxan os Ventos

Album : NoutroraPlayStop

¡Boas tardes Maruxiña!
vouche dicir unha cousa:
se tí me queres a mín,

eu non me caso con outra.
Que te quero ben o sabes,
non precisas preguntar,
hai un ano que che dixen
que me quería casar
E vaite de aí,
xa podes marchar
que na miña vida
che volvo falar.
Tí tomaralo a risa,
pero eu dígocho de veras
que ando buscando rapaza

Tí tomaralo a risa,
pero eu dígocho de veras
que ando buscando rapaza
e non atopo quen me queira
Se non atopas quen te queira
será porque eres malo
e as rapazas terán medo
que non cumplas no traballo.
Dame un bico Maruxiña,
non me fagas rabear,
que se me fai de noitiña
e t�ome que marchar.
Agora queres un bico
logo despois é un abrazo
e así pouquiño a pouco
queres entrar no palacio.

Like us on Facebook.....
-> Loading Time :0.0079 sec