Morreu Lyrics & Tabs by Ruxe-Ruxe

Morreu

guitar chords lyrics

Ruxe-Ruxe

Album : Comercial galiza PlayStop

Fun arrastrando as mághoas polo mundo adiante,
arrincando as follas do meu almanaque,
destrozando os muros, saltando o aramado

e tirando forte do xugho do arado
Levei o meu soldo a unha oficina de impostos,
hipotequei ata a medula dos osos,
e dinlle a un partido todos os meus votos,
e os moi ruíns fóronche o mesmo que os outros...
...e morreu, e morreu...
o conto morreu
Fun a un hospital estaba escarallado,
e os do seghuro social estaban tan ocupados,
déronme un xarope para o meu catarro,
e todos no meu velorio, despois, moito choraron...
...e morreu, e morreu...

déronme un xarope para o meu catarro,
e todos no meu velorio, despois, moito choraron...
...e morreu, e morreu...
o conto morreu
E aghora aquí deitado xa non sinto nada,
e as ffores pudriron na miña sepultura,
e aquí estou lembrando as palabras do cura,
pero aquí non hai nin deus, nin cristo, nin cura
...e morreu, e morreu...
o conto morreu

Like us on Facebook.....
-> Loading Time :0.0069 sec