Don Martiños Lyrics & Tabs by Fuxan os Ventos

Don Martiños

guitar chords lyrics

Fuxan os Ventos

Album : Sempre e máis despois folk PlayStop

-Pregoadas son as guerras
de Francia con Aragón.
¡Pobre de min que son vello,

guerras para min non son!
¡Mala seas ti muller
que non me deches varón!
Falou Dona Birolana
con arrogante razón:
-Non a maldiga, mi padre
non lle bote a maldición.
Deme as armas e o cabalo
serei seu fillo varón.
-Ténde-los cabelos longos,
non os encubrirás, non.
-Metereinos na armadura

-Ténde-los cabelos longos,
non os encubrirás, non.
-Metereinos na armadura
atados por un cordón.
-Ténde-los ollos mimosos,
non os encubrirás, non.
-Eu baixareinos á terra
cando pase algún varón.
-Ténde-los peitos crecidos,
non os encubrirás, non.
-Deme un colete de ferro
servirame de xubón.
-Ténde-las mans moi branquiñas,
non as encubrirás, non.
-Deme seus guantes de ferro
terei as mans de infazón.
-Ténde-los pés miudiños,
non os encubrirás, non.
-Deme súas botas de ferro
enchereinas de algodón.

Like us on Facebook.....
-> Loading Time :0.0056 sec