Amebas Lyrics & Tabs by Os Resentidos

Amebas

guitar chords lyrics

Os Resentidos

Album : DelikatessenPlayStop

O MUNDO DAS AMEBAS
O mundo das amebas, non sei ben o que é
cancións italianas que sempre din perché

usura hai no mundo e prensa do corazón
despois de comer vén sempre a dixestión
Eu non teño estómago, non teño.
Quitáronmo uns médicos hai moitos anos.
E agora sempre collen pisos ao lado de onde eu vivo e fan ruídos.
Aí están outra vez, os ruídos.
As amebas son unicelulares como Samuel Beckett.
Teñen unha soa célula, pero teñen estómago.
Eu non teño.
Beckett tamén.
Eu seino porque viña na enciclopedia, pero non me imaxino como é porque leo e bórraseme todo.
Non me acorda.

Beckett tamén.
Eu seino porque viña na enciclopedia, pero non me imaxino como é porque leo e bórraseme todo.
Non me acorda.
Non me queda.
O mundo das amebas, non sei ben o que é
cancións italianas que sempre din perché
usura hai no mundo e prensa do corazón
despois de comer vén sempre a dixestión
A última guerra empezou en 1694 coa fundación do Banco de Inglaterra.
O diñeiro non dá a felicidade.
O diñeiro non é nada.
Cando se mete unha moeda na máquina de tabaco, o diñeiro non se transforma en nada.
O tabaco que sae son os ruídos.
Os ruídos que fai a máquina e bota o tabaco.
Para que serve o diñeiro?
Para vestir e calzar, para comer.
Eu non teño estómago, que máis che me ten comer?
Se como, como.
Se non como, non como.
Nunca fago a dixestión.
Os ruídos eses non son do estómago.
Eu sei o que é a dixestión.
Porque eu non terei estómago, pero teño enciclopedia e teño unha familia.
Pregunta!:
Papá, esta pregunta é dobre.
Como se pode salvar o abismo entre o que falas cando estás só e o que botan pola televisión?
Quen era Andy Warhol?"
Resposta!:
Andy Warhol non era galego.
Isto é unha lata de callos.
Non é unha lata de sopas Campbell's.
Os callos non che son nada pop.
Dentro da lata hai un porco.
Non debería pensar tanto nas matanzas do porco.
O mundo das amebas, non sei ben o que é
cancións italianas que sempre din perché
usura hai no mundo e prensa do corazón
despois de comer vén sempre a dixestión
E ti, anda con cuidado, niñato de los ojos verdes que te escarallas de risa con Siniestro Total y mas con los Hombres G!
Te vamos tirar la cocaína toda por el váter abajo y meter la cabeza dentro hasta que afurriques!
Y de aquella non te vas volver meter en gastos con los cuartos de mamá.

Like us on Facebook.....
-> Loading Time :0.0471 sec