Mais o que ben quixo un dia Lyrics & Tabs by Amancio Prada

Mais o que ben quixo un dia

guitar chords lyrics

Amancio Prada

Album : Rosalia de CastroPlayStop

Mais o que ben quixo un día,
si a querer ten afición,
siempre lle queda unha mágoa

dentro do seu corazón.
Aló nas tardes serenas,
aló nas tardes caladas
fainse maís duras as penas
que nas brandas alboradas.
Aló nas tardes sombrisas
aló nas tardes escuras
fainse maís cortas as risas
maís negras as desventuras.
Que non hai sera tranquila
para quen remorsos garda,
e maís presto se aniquila

Que non hai sera tranquila
para quen remorsos garda,
e maís presto se aniquila
canto maís a noite agarda.
I anque ora sorrindo canto,
anque ora canto con brío,
tanto chorei, chorei tanto
como as auguiñas dun río.
Tiven en pasados días,
fondas penas e pesares,
e chorei bágoas tan frías
como as auguiñas dos mares.
Tiven tan fondos amores
e tan fondas amarguras,
que era fonte de dolores
nacida entre penas duras.
Ora río, ora contento
vou polas eiras cantando,
vendo de onda ven o vento
cando vou levar o gando.
Ora con grande sosiego
durmo na beira das fontes,
durmo na beira dos regos,
durmo na punta dos montes.
Airitos, airitos aires
Airitos da miña terra;
Airitos, airitos aires.
Airitos levaime a ela
Airitos, airitos aires
Airitos da miña terra;
Airitos, airitos aires.
Airitos levaime a ela

Like us on Facebook.....
-> Loading Time :0.0084 sec